Investigan un caso de acoso escolar nun colexio de Arteixo

A vítima é unha nena de 12 anos que estuda no CEIP Ponte dos Brozos
CEIP Ponte dos Brozos, en Arteixo. GOOGLE MAPS
photo_camera CEIP Ponte dos Brozos, en Arteixo. GOOGLE MAPS

A Fiscalía investiga un suposto caso de acoso escolar a unha nena de 12 anos no CEIP Ponte dos Brozos, situado no municipio coruñés de Arteixo, por mor dunha denuncia presentada ante a Garda Civil. Así o confirman fontes oficiais e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que indican que o episodio tivo lugar durante as vacacións de Nadal, fóra do citado colexio, ademais de que "incluso habería implicados alleos ao centro". 

No entanto, despois de que a familia efectuase a denuncia, a Fiscalía abriu unha investigación. En calquera caso, o departamento educativo da Xunta asegura que no CEIP Ponte dos Brozos, ao ter coñecemento dos feitos, "extremáronse as medidas de prevención e vixilancia por se fose necesario activar o protocolo de acoso".

 Ademais, a Consellería pide "ser respectuosos" co proceso en marcha e "coa protección do menor" afectado. 

Comentarios