jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

IU: ''Irisarri colocará á dereita no concello de Ferrol''

La Asamblea Nacional de IU ha mostrado su apoyo a Yolanda Díaz. (AGN)
La Asamblea Nacional de IU ha mostrado su apoyo a Yolanda Díaz. (AGN)

A Asemblea Nacional de Izquierda Unida aprobou unha resolución na que apoia a posición política dos concelleiros de Ferrol.

A crise entre a formación e o seu socio de goberno, o PSOE de Vicente Irisarri, agravouse despois de que o rexedor ferrolán 'se negase' a negociar os orzamentos municipais para 2009, segundo IU.

No texto, Izquierda Unida reproba a actitude personalista de Irisarri, que facilitará "que a dereita volva gobernar". A situación de práctico 'divorcio político' podería confirmarse este luns.

Día decisivo
O socialista leva este luns a votación no pleno a moción para aprobar a Lei de Grandes Cidades, que lle permitiría gobernar en minoría e que contará co previsible voto negativo de IU.

Con todo, a proposta de Irisarri poderá saír adiante sen o apoio do partido de Yolanda Díaz, co respaldo ou a abstención do PP, do BNG e de Independentes por Ferrol.

Mentres, Díaz, portavoz de EU no concello de Ferrol, considera que o pacto de Goberno "non está roto" e o que ten que decidir respecto diso é o alcalde socialista. Por iso, este sábado deixou a pelota "no tellado do señor alcalde, e nós estamos á espera de que actúe".

'Un disparate'
Para a líder de EU, sería "un disparate" que Irisarri aproveitase as posibiliades da Lei de Grandes Cidades para formar un goberno en minoría, prescindindo do apoio da súa formación.

Díaz manifestou que se trata dunha cuestión "inviable" xa que "se é difícil gobernar a cidade con 13 concelleiros, con nove é imposible".

Neste sentido advertiu a Irisarri de que "é bastante inxenuo" con esta pretensión e de que "se bota do goberno a Esquerda Unida, será el quen facilite que gañe a dereita en Ferrol".

IU: ''Irisarri colocará á dereita no concello de Ferrol''
comentarios
ç