José Bono: ''A operación Campión é un asunto menor''

O presidente do Congreso, José Bono, insistiu hoxe en que a acusación contra o ministro de Fomento, José Blanco, na "operación Campión" é un asunto menor e criticou a "falta de lexitimidade" que ten a persoa que acusa a Blanco, de quen recordou que estivo en prisión por falsidade.

A preguntas dos xornalistas en Toledo, Bono dixo que non lle preocupan as implicacións electorais que poida ter este caso e recordou que o empresario Jorge Dorribo é "un tipo acusado de falsidade ".

"O único que me preocupa é a obsesión dalgúns por un asunto que, desde o meu punto de vista, ten unha entidade menor", dixo.

Admitiu que pode ser "apetitoso" calumniar a Blanco, pero sinalou que a acusación contra o ministro carece de lexitimidade pola persoa que a expón.

Comentarios