Mozos de volta ao campo

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asegurou que, entre 2009 e o 2013, incorporáronse 1.572 mozos a actividades agrogandeiras no rural.

Quintana destacou no Parlamento galego, en resposta a unha pregunta do PP, que se trata dun dato positivo, porque supón a incorporación de mozas ao sector primario.

Para apoiar esta incorporación, a Xunta colaborou con 34,9 millóns de euros, unha media duns 22.000 euros por persoa.

Durante o último ano incorporáronse 262 mozos ao rural, dous de cada tres en Lugo e A Coruña, e tres de cada catro dedicados a explotacións vacúas, lácteas ou cárnicas.

Entorno rural na Pastoriza, Lugo. (AEP)


Ademais, tamén houbo outros proxectos, entre eles, apícolas e hortofrutícolas, sinalou Quintana, que destacou as distintas axudas do seu departamento para afianzar o asentamento no rural dos mozos.

O deputado do PP, Moisés Blanco, sinalou que o rural é unha alternativa "viable" nestes momentos e destacou a aposta da Xunta por modernizar o rural.

Comentarios