Ence redobra a súa aposta para seguir en Pontevedra

Ignacio Colmenares, conselleiro delegado da firma, anuncia reformas para a factoría coas que se reducirá o seu impacto ambiental e anuncia un investimento de 71 millóns se se prorroga a concesión. Comprométese á "eliminación definitiva" dos cheiros
Junta general de accionistas de Ence celebrada este martes en el Auditorio Rafael del Pino, en Madrid
photo_camera Junta general de accionistas de Ence celebrada este martes en el Auditorio Rafael del Pino, en Madrid

O presidente de Ence, Juan Luís Arregui, anunciou na xunta xeral de accionistas celebrada en Madrid que levará a cabo reformas na factoría instalada en Pontevedra co fin de que o impacto ambiental sexa mínimo e anuncia un investimento de 71 millóns de euros se se prorroga a concesión.

Arregui afirmou que "Ence non vai defraudar a Pontevedra", así como agradeceu o "respaldo á continuidade" dos diferentes partidos políticos e colectivos cidadáns da cidade.

"Entendo e comparto que a poboación de Pontevedra nos esixa que teñamos unha fábrica exemplar", dixo o directivo, referíndose ao impacto ambiental da mesma. Tamén prometeu un investimento de 71 millóns de euros na planta se é que se prorroga a concesión.

Por outra banda, tamén interveu o conselleiro delegado de Ence, Ignacio Colmenares, que anunciou a execución dunha "nova fachada da fábrica para minimizar o seu impacto visual" na contorna da ría. As obras comezarían despois do verán. Ademais, Colmenares asegurou que a celulosa galega atópase nestes momentos traballando cunha  empresa punteira no tratamento de augas para unha depuradora que permita a reutilización da de proceso, "minimizando o uso da auga do Lérez".

No que respecta aos cheiros, Colmenares reiterou o seu compromiso "da súa eliminación definitiva".

A intención de Ence é traballar en circuíto pechado para consumir menos auga e non realizar verteduras. Ademais, secaranse as balsas de decantación e encheranse. 

A empresa madeireira Ence, que recomprará o 10% do bono emitido en 2013 por 250 millóns, xera "máis de 800 empregos" na comarca de Pontevedra e case o "30%" dos empregados do sector forestal de Galicia está relacionado coa súa actividade. 

Comentarios