Xulgarán ao alcalde de Malpica de Bergantiños por un delito contra a ordenación do territorio

A Fiscalía solicita un ano de prisión para Parga e os outros cinco acusados, así como oito anos de inhabilitación para cargo público
Eduardo Parga
photo_camera Eduardo Parga

A titular do xulgado de instrución número 3 de Carballo acordou a apertura de xuízo oral contra o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga (PP), por un presunto delito contra a ordenación do territorio.

A maxistrada Ana Fernández-Porto emitiu un auto o pasado 11 de outubro, remitido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), no que se acorda a apertura de xuízo oral contra Parga e outras cinco persoas.

Na resolución declárase órgano competente para a celebración do xuízo ao xulgado do penal da Coruña e requírese aos acusados para que de xeito conxunto e solidario presten unha fianza de 650.000 euros, da que ha de responder subsidiariamente o Concello de Malpica.

A Fiscalía solicita para cada un dos procesados un ano de prisión e inhabilitación para cargo público durante oito anos, ademais do custo de demolición dunhas obras, valorado en 492.930 euros.

Trátase, presuntamente, dun caso que chega da rectificación duns terreos e supostas irregularidades na ordenación do territorio no municipio.

Comentarios