A Bonoloto deixa 1,2 millóns en Santiago

O boleto premiado con seis acertos foi selado nun despacho situado na rúa Mallou da capital galega

Un boleto agraciado con con seis acertos no sorteo da Bonoloto deixou 1.232.322,79 euros en Santiago de Compostela. A papeleta premiada fora validado no despacho número 30.745, situado na rúa Mallou da capital galega. 

A combinación gañadora do sorteo de ete martes está formada polo número 4,15,16,17,30 e 31. O númerco complementario é o 19 e o reintegro, o 8. A recadación do sorteo ascendeu a un total de 2.360.280 euros. 

De Segunda Categoría (cinco acertos máis complementario) rexistráronse dous boletos acertantes, que foron validados na administración de loterías número 1 de Las Cabezas de San Juan (Sevilla) e a través da canle oficial de internet Loterías e Apostas do Estado. Ambos recibirán un premio de 88.375,44 euros.

Comentarios