A filla de Dorribo retoma mañá a súa declaración sobre a operación 'Campión'

A filla do principal imputado na chamada operación Campión, Anthea Dorribo, renovará mañá a quenda de declaracións ante a xuíza instrutora, Estela San José, nunha semana que será de actividade intensa nos xulgados lucenses, porque foron citados para declarar outros sete imputados na causa.

Segundo o auto asinado o pasado 20 de abril pola xuíza instrutora, ao que tivo acceso a axencia EFE, a filla de Jorge Dorribo foi citada a declarar como posible testemuña dos supostos "delitos" que deron lugar ás dilixencias da operación Campión. Terá que comparecer ante a xuíza instrutora a partir das dez da mañá.

No Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo tamén prestarán declaración mañá outros tres novos imputados pola xuíza que instrúe a causa, neste caso José Francisco Tarifa, o funcionario Abelardo Nimo e o empresario José María Pastrana.

Nun auto asinado o pasado 20 de abril, Estela San José estima que os tres imputados poderían ser autores dalgún "dos delitos perseguidos" na operación Campión, como "fraude en subvencións, branqueo de capitais, tráfico de influencias, falsidade documental e outros". Para o venres -día 18 de maio- foron citados a declarar outros catro imputados, todos eles empresarios lucenses.

Comentarios