A historia de superación dun rapaz vigués que sufriu acoso escolar

Alejandro Gómez conta a súa experiencia nunha carta que chega ao corazón de miles de persoas: "Aos seis anos mofánbanse de que o meu pai morrese"
Alejandro Gómez
photo_camera Alejandro Gómez

É unha historia triste de acoso escolar. De bullying. Pero tamén de superación. O protagonista é Alejandro Gómez, un vigués de 21 anos, que escribiu unha carta porque unhas compañeiras do Colexio San José da Guía, onde estuda o primeiro curso do ciclo superior de Integración Social, lla pediron para un blogue que realizan para unha materia.

"Chegou o día no que quero espirme, deixar todo aquilo que cobre o meu corpo encima da verdade e mostrarme tal e como son, sen máis". Así comeza a historia recollida en bailarbajolalluviablog.wordpress.com  e que xa foi compartida por milles de usuarios nas redes sociais.

Alejandro, que tamén sufriu discriminación por ter a síndrome de Asperger, explica na misiva como foi a súa experiencia de acoso nun centro de Vigo: "Recordo que aos seis anos e sen poder entendelo, se mofaban ata de que o meu pai morrese".

"A entrada ao colexio era un sufrimento, unha agonía, un pesadelo, morrer en cada intento", prosegue na súa carta, na que conta como unha das malleiras que recibiu o levou incluso ao hospital.

Tamén reflexiona sobre o bullying e o tratamento que se lle dá: "O acoso escolar non é precisamente un xogo de nenos, de nenos é unha infancia onde te aceptan, onde es querido. Bullying chámano os maiores, os que non o viviron". A súa emotiva carta conclúe cunha mensaxe de optimismo e superación: "Non son especial polo que a vida me quitou, son especial porque son eu e polo moito que vallo. Ninguén conseguirá determe, nin roubarme os soños, xa me roubaron sen poder defenderme, a felicidade de ser pequeno".

Comentarios