miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

A choiva frea a vaga de incendios pero non a seca

As chamas quedaron controladas en Sober logo de dous días tras calcinar unhas 130 hectáreas ► Este mércores Galicia volve quedar baixo a influencia anticiclónica

A choiva regresou este martes a Galicia e permitiu aplacar a vaga de incendios que afectou nos últimos días especialmente ao sur da provincia de Lugo e á de Ourense. Aínda que non servirá para paliar a seca perentoria –este mércores a comunidade volverá quedar baixo a influencia anticiclónica–, a auga caída contribuíu nas tarefas de control do virulento incendio que afectaba á parroquia soberina de Anllo, onde as chamas arrasaron unhas 130 hectáreas desde o domingo, 90 delas de monte arboledo e 40 de monte raso.

Medio Rural informou de que o incendio quedou controlado ás 17.00 horas. Desde 24 horas antes permanecía estabilizado tras orixinarse o domingo pola tarde. Tanto este lume como o que arrasou 92 hectáreas en Cervantes e Pedrafita, o que tivo lugar en Soengas (Portomarín) e o que calcinou 35 hectáreas en Ourol crese que son intencionados. 

A choiva frea a vaga de incendios pero non a seca
comentarios
ç