A Primitiva deixa un premio de 65.000 euros en Monforte

O sorteo da Lotería Primitiva celebrado o sábado 26 de abril deixou un premio de segunda categoría -cinco acertos e complementario- cun boleto selado na localidade lucense de Monforte de Lemos, agraciado con case 65.000 euros.

Segundo informou a delegación comercial de Loterías e Apostas do Estado en Lugo, o citado boleto, premiado con 64.959 euros, foi validado pola Administración de Loterías número 2 da localidade monfortina, 'Loterías Corcoba', situada na rúa Cardeal.

O resgardo é un boleto automático e dunha soa aposta, de modo que o agraciado conseguiu o premio cun investimento de apenas 1 euro.

Trátase do quinto premio que Loterías e Apostas do Estado vendeu na localidade de Monforte de Lemos no que vai do presente ano.

Comentarios