A Primitiva deixa unha millonada en Galicia

O sorteo da Primitiva deixa hoxe máis de seis millóns e medio de euros en Val do Dubra (A Coruña). O Despacho Receptor nº 29.205 de Bembibre selou un boleto coa combinación 22 5 8 24 44 28, reintegro, 3, que cobrará 6.556.455 euros. Hai outro acertante desta Categoría Especial (6 acertos + Reintegro) en Tarragona.

Pero a sorte tamén chega a Fene. O Despacho Receptor nº 30355 validou un boleto de Primeira Categoría, premiado con 384.010 euros. Hai outro acenrtante desta categoría en Palencia.

Comentarios