A substitución de 28.000 lámpadas e 5.000 luminarias xerou un investimento de 27.000 millóns

O Instituto Enerxético de Galicia finalizou o Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, no que gastou case 500.000 euros para a substitución de 28.000 lámpadas antigas ou 5.000 luminarias vellas, o que xerou un investimento asociado de 2,7 millóns de euros.

Nun comunicado, a Xunta precisou ademais que, este primeiro plan, concluíu cun aforro de enerxía primaria eléctrica estimado en 1.193.570 kWh/ano, e a redución de emisións de máis de 180 toneladas de CO2 á atmosfera.

O Renove de Equipos de Iluminación Interior subvencionou a substitución de luminarias ou de lámpadas se se reducía a potencia instalada polo menos nun 30 %, cun 25% do custo da nova instalación de iluminación e cun límite de 1.500 euros por vivenda unifamiliar, 10.000 euros por edificio de vivendas en bloque e 25.000 euros por edificio destinado a outros usos.

Comentarios