A Xunta cre que ''podería ser razoable'' un acordo para o porto exterior similar ao que asinou Fomento en Xixón

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou que "podería ser razoable" alcanzar un acordo co Ministerio de Fomento para financiar o porto exterior da Coruña, da mesma forma que o departamento central o fixo co Principado de Asturias para relanzar as obras de ampliación do porto de Xixón.

En declaracións aos medios durante a presentación do plan de infraestruturas hidráulicas da Xunta, Hernández detallou que o vindeiro luns manterá unha reunión en Madrid con representantes de Portos do Estado, e que a partir de aí "se nos piden algo, veremos o que nos piden".

Neste sentido, o conselleiro mostrouse aberto a estudar unha solución para a dársena de punta Langosteira --que arrastra un sobrecusto superior aos 200 millóns de euros-- similar á que se adoptou en Xixón. Para financiar as obras do porto xixonés do Musel, Fomento achegará un préstamo de 215 millóns de euros cun período de carencia de sete anos.

Con todo, Agustín Hernández advertiu de que o posible apoio do Goberno galego a esta operación dependerá das cifras que se manexen e das condicións do mesmo. "Cando teñamos información poderemos saber a repercusión desta proposta sobre a Xunta", incidiu o responsable de Medio Ambiente do Executivo galego.

Comentarios