viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

A Xunta recorda que só podería negociar a peaxe da AP-9 se esta estivese transferida

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que a Xunta podería negociar o prezo das peaxes na AP-9, unha das tres máis caras de España en función do importe por quilómetro, se esta estivese transferida.

Nunha comparecencia de prensa posterior á reunión do Consello, dixo, do mesmo xeito que na anterior lexislatura e estando na oposición, que a AP-9 debería ser transferida a Galicia porque percorre de inicio a fin territorio galego. "É unha autoestrada que se inicia en Ferrol e finaliza en Tui. Todo o seu percorrido está dentro do territorio da comunidade autónoma. O lóxico é que fose transferida" e que o Goberno galego puidese ser "o interlocutor" coa concesionaria.

"Ese é a nosa formulación política. É o que pensamos e defendemos", remarcou, porque agora a Xunta "non ten competencia", é unha "relación", a actual, entre o Ministerio de Fomento e a concesionaria. "Nós damos conta do que facemos coas autoestradas titularidade da comunidade autónoma que é conxelar a peaxe. Levamos anos facéndoo", concluíu.

A Xunta recorda que só podería negociar a peaxe da AP-9 se esta...
comentarios
ç