A Xunta volve nomear a Diego Calvo como delegado na Coruña

Substitúe no cargo a Belén Do Campo, a nova directora xeral de Gandería
Diego Calvo
photo_camera Diego Calvo

O Goberno galego deu este xoves o visto e prace a varios nomeamentos, entre eles, o de Diego Calvo, que volverá ser delegado da Xunta na Coruña, un cargo que xa desempeñou entre 2009 e 2011, cando o deixou para ser presidente da Deputación Provincial.


Diego Calvo substitúe neste cargo a Belén Do Campo, que foi nomeada directora xeneral de Gandería en substitución de Patricia Ulloa, informou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión semanal do seu Executivo.

Tamén foi aprobado o nomeamento de Mari Ángeles Teijeiro, ata agora concelleira en Lugo, como nova directora xeral de Inclusión Social.

Ademais, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, deu conta ao resto do gabinete da proposta que fará ao Consorcio de Servizos Sociais para que o novo xerente sexa Perfecto Rodríguez, que foi alcalde de Pontecaldelas entre 2003-2015. 

Comentarios