A Lama, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes, contra a violencia de xénero

Os tres concellos pontevedreses constituíron unha mesa de coordinación interinstitucional para loitar contra esta lacra
Susana López Abella participó en la constitución de la mesa de coordinación interinstitucional contra la violencia de género
photo_camera Susana López Abella participó en la constitución de la mesa de coordinación interinstitucional contra la violencia de género

Este venres foi constituída a mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero formada polos concellos de pontevedreses da Lama, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes.

Segundo informou nun comunicado o Goberno galego, que tamén participa na mesa, o obxectivo é "a promoción, no ámbito municipal, de políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero".

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou na constitución da mesa, onde remarcou que os poderes públicos deben "articular medidas de sensibilización" para a prevención e erradicación da violencia de xénero.

Esta comisión tratará de mellorar a detección precoz en casos de violencia de xénero, así como optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra esta lacra.

Comentarios