As mozas seguen buscando a Enrique Iglesias

As mozas do videoclip seguen perdidas tras a marcha de Enrique (Galiciaé)

Enrique Iglesias descendeu dos nubrados ceos a Lavacolla para volver marchar tan rápida e sutilmente como calquera outro raio de sol que puidese alacanzar algunha pedra da área compostelá, aínda que as consecuencias do seu fugaz paso por Galicia parecen prolongarse máis aló que un breve resol.

Veu para gravar parte dun videoclip, cuxas protagonistas, ao parecer, son dúas peregrinas que, perdidas entre as misteriosas paraxes da paisaxe galega, acaban por chegar ao mosteiro de Carboeiro, en Silleda, onde se atopan cunha espectacular festa que ten a Enrique Iglesias.

Con todo, o devandito de pasado o día, pasada a romaría non vai estas estilosas peregrinas, as se puido ver paseando co seu peculiar camiñar de longas zancadas en diferentes puntos de Galicia. Sempre indolentes baixo un ceo amenazadoramente encapotado e sen maior protección para o clima que a súa roupa de verán.

Primeiro paseáronse pola zona vella de Santiago, logo pasaron a noite en Silleda, despois correron pola Tinería, en Lugo, e agora un helicóptero subiunas á Cidade da Cultura.

Quen sabe onde se deixarán caer mañá, na Burgas de Ourense, a praza de María Pita da Coruña, no paseo do Areal ou de sendeirismo polo Caurel...

En calquera caso, se vostede se ve envolvido na escena surrealista de ver pasar dúas mozas de camiñar decidido e vestidas con pantalóns curtos e camisetas de tirantes en pleno outono galego, non se alarme, só é o efecto Iglesias.

Comentarios