As mariscadoras galegas sinalan a intensidade das toxinas nas rías este ano

A asociación de mariscadoras Agamar di estar soprendida pola intensidade con que está a afectar a toxina aos bancos das rías galegas este ano, indicou este sábado o vicepresidente, Manuel Maneiro.

A marea vermella na que derive a toxina podería estenderse e facer aínda máis notables as perdas no sector, debido ao peche da actividade na ría de Arousa, que afecta as comarcas do Salnés e Barbanza, en particular O Grove, parte da Illa, Aguiño e Ribeira.

"A toxina, a estas alturas do ano adoita paralizar un bo numero de polígonos mexilloeiros, pero nesta ocasión ataca con virulencia o marisqueo, o que nunca ocorrera ata agora, cando simplemente había peches cautelares", precisou Maneiro. Esta situación provoca importantes perdidas ao sector que se engaden á baixada de prezos debido á recesión económica, indicou o representante de Agamar.

Comentarios