viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

O lecer nocturno poderá facer uso das terrazas incluso nos concellos en máxima alerta

terrazas
Mesas nunha terraza, de noite. BEATRIZ CISCAR (ADP)
Nestes municipios queda prohibida a práctica de deportes colectivos en espazos interiores

Os locais de lecer nocturno que se atopen nos municipios en alerta máxima ou alta poderán seguir facendo uso das súas terrazas a cando entren en vigor as novas restricións, a partir da madrugada deste sábado, segundo publicou o DOG.

Esta medida é un dos matices cos que se actualizaron as medidas xa anunciadas pola Xunta este mércores nas que se establecía limitacións para as reunións sociais e para o acceso á hostalería, ademais de pechar os establecementos de lecer nocturno nos municipios que se atopen en alerta alta ou máxima, que finalmente poderán dar servizo se dispoñen de mesas no exterior.

No entanto, nestes concellos queda prohibida a práctica deportiva en grupo en espazos interiores.

Ademais, o boletín oficial de Galicia concreta que tamén se requirirá unha proba negativa de PCR ou certificado de vacinación nos establecementos de  xogos de azar, salóns de xogo e de xogos recreativos.

O lecer nocturno poderá facer uso das terrazas incluso nos...
comentarios
ç