Lenny Kravitz acende o Coliseum

O artista estadounidense Lenny Kravitz presentou esta noite no Coliseum da Coruña o seu novo traballo, Black and White América, ante case 10.000 persoas que vibraron coa súa música.

Á primeira hora do día vendéranse máis de 7.000 entradas para o concerto, a única cita do artista en Galicia, o que unido ao tirón de última hora converteu o recital de Lenny Kravitz nun dos eventos máis multitudinarios do ano en Galicia.

Con máis de vinte anos de carreira, 35 millóns de discos vendidos e catro premios Grammy, o músico estadounidense ha repasado os seus grandes éxitos e os temas incluídos no seu último álbum, escrito como reacción a un documental que Lenny Kravitz viu sobre o racismo nos Estados Unidos.

Nalgunhas das letras o compositor fai referencia á súa propia historia familiar, e as experiencias dos seus pais como parella interracial na década de 1960.

JP Candea, DJ Nano e DJ Fonsi Neto foron os encargados de quentar o escenario antes da aparición de Kravitz pasadas as 22:00 horas

Comentarios