A choiva obriga a suspender o concerto de Raphael no Monte do Gozo de Santiago

A organización anunciou a cancelación pasadas as once da noite ante a imposibilidade de poder "reacondicionar" o escenario para garantir a seguridade
Asistentes al concierto de Raphael. @OSONDOCAMIÑO
photo_camera Asistentes ao concerto de Raphael, equipados para a choiva. @OSONDOCAMIÑO

Un dos concertos principais do Son do Camiño, o que ía protagonizar na noite deste domingo Raphael no Monte do Gozo, tivo que suspenderse debido ás inclemencias meteorolóxicas: caeu tanta auga que as condicións de seguridade non eran a óptimas.

Anunciábase a apertura de portas para as 20.30 horas e a actuación para as 22.00, pero os centos de persoas que ían asistir ao evento esperaron con paciencia baixo a choiva ata a confirmación do que máis temían: a suspensión do concerto.

A organización do Son do Camiño sinalou na súa conta de Twitter que, segundo a previsión, á hora do espectáculo xa non ía chover, pero non foi así. Tamén engadiu que o estado do escenario non era o adecuado para garantir a seguridade do artista e do público.

O importe íntegro das entradas seralles devolto aos asistentes nun prazo máximo de cinco días. A actuación da organización foi criticada por algúns asistentes, tras a espera baixo a choiva.

Comentarios