Localizan ao mozo desaparecido a semana pasada en Allariz

A asociación Sos Desaparecidos desactivou a alerta do menor, que se marchou o pasado venres dunha casa na que estaba de paso
O rapaz desaparecido en Allariz. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera O menor desaparecido en Allariz. SOS DESAPARECIDOS

O mozo de 17 anos desparecido hai unha semana na localidade ourensá de Allariz foi localizado este venres, segundo informa a asociación Sos Desaparecidos, que desactivou a alerta. 

En concreto, o mozo marchouse o pasado venres, 16 de outubro, dunha casa de menores na que estaba de paso no municipio de Allariz e na que, segundo explicaron a Europa Press fontes da Garda Civil, só estivera "cinco horas". 

As mesmas fontes sinalaron que trátase dun mozo "reincidente" que xa se marchou previamente doutros centros en Ávila e Madrid e estaba en Allariz de paso, xa que o seu destino era A Coruña. 

Comentarios