Localizan o corpo dunha muller na praia do Portiño

Unha muller foi achada hoxe sen vida sobre unhas rocas na praia coruñesa coñecida polo nome do Portiño, informaron a Efe fontes de Urxencias 112 e dos bombeiros da Coruña.

O suceso foi alertado ás 15:00 horas na praia de Cetaria, coñecida como O Portiño, próxima ao parque de San Pedro, onde se desprazaron efectivos da Policía Nacional e dos bombeiros da Coruña.

A muller apareceu tendida nas rocas en estado inconsciente, aínda que finalmente confirmouse o seu falecemento.

Comentarios