Localizan o corpo do home desaparecido en Vedra

Os servizos de rescate localizaron no río Ulla o corpo sen vida dun home duns trinta anos que se buscaba desde onte e que foi localizado na beira da ponte de tren.

A alerta foi transmitida polos servizos de CAE 112 Galicia sobre as 22:30 horas, momento en que se puxo en marcha o dispositivo de procura, no que participaron axentes da Garda Civil, policía autonómica, bombeiros, GES e Protección Civil da Estrada e Vedra.

O seu coche fora localizado en Ponche Ulla, no lugar de Gundián, no municipio de Vedra (A Coruña), nun lugar próximo ás vías do tren, polo que se deu aviso a Adif.

Con todo, pola mañá centrouse a procura nas inmediacións do río, coa participación de persoal especializado e alerta de Fenosa, por se fose preciso regular o caudal.

A medida que avanzou a xornada, incorporáronse organismos como a Policía Autonómica, Bombeiros do Deza e o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias. Tamén se contou coa colaboración do Centro de Seguridade de Renfe e a empresa xestora do encoro de Velle.

Comentarios