Localizan ao mozo de 18 anos desaparecido na Coruña

Foi achado en bo estado
Imagen de Aarón Lobillo Fernández difundida por redes sociales. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Imaxe de Aarón Lobillo Fernández difundida por redes sociais. SOS DESAPARECIDOS

O mozo de 18 anos que se atopaba en paradoiro descoñecido desde este luns, cando se lle viu por última vez na Coruña, foi localizado en bo estado, segundo informa Sosdesaparecidos.

A asociación trasladou que Aarón Lobillo Fernández –home de complexión "delgada", con pelo castaño escuro e de 1,80 metros de estatura– apareceu este mércores en boas condicións.

A Policía Local da Coruña, quen difundira a alerta na súa conta de Twitter, publicou unha concisa mensaxe na mañá deste mércores para anunciar a localización do mozo.

Comentarios