miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

Localizan nun hotel de Lugo á exconcelleira sarriá desaparecida

A urbanización na que vive a exedila de Sarria, con ela sobreimpresionada. PORTO
A urbanización na que vive a exedila de Sarria, con ela sobreimpresionada. PORTO
Ana Arias Neira foi achada grazas ao rastro do seu cartón bancario

A exconcelleira de Sarria que estaba desaparecida desde o xoves foi localizada este venres nun hotel de Lugo.

Un operativo coordinado pola Garda Civil buscaba desde última hora do xoves a Ana Arias Neira, veciña de Sarria de 48 anos. Finalmente, foi posible dar co seu paradoiro sobre as 13.35 horas grazas ao rastro do seu cartón de crédito, coa que pagara no hotel no que se aloxaba. Tras ser localizada foi trasladada a un centro médico para unha revisión.

A Garda Civil, que rexistrou a súa casa en busca de pistas, mantiña abertas todas as hipóteses. As alarmas saltaron cando Ana Arias non chegou o xoves ao seu posto de traballo, en Chantada.

Para o dispositivo foron requiridos guías caninos e ata un helicóptero, xa que non se descartaba que houbese sufrido un accidente cando se dirixía ao traballo. Ana Arias foi concelleira en Sarria entre 2003 e 2011 polo PSOE.

Localizan nun hotel de Lugo á exconcelleira sarriá desaparecida