Os ecoloxistas cren que seis novos parques eólicos poden ter impacto ambiental

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) revelou que 6 dos 10 novos parques eólicos poderían ter impactos ambientais directos sobre hábitats de conservación prioritaria na UE e afectarían a especies vulnerables ou en perigo de extinción.

Os estudos de SGHN realizáronse sobre os dez novos parques eólicos que entraron en proceso de información pública no que vai de 2011, chegando á conclusión de que todos os proxectos débense someter a estudos de impacto ambiental por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

SGHN esixe que se avalíen os efectos sobre os hábitats de conservación prioritaria, as posibles afeccións sobre as especies incluídas nos 'libros vermellos' estatais e no catálogo galego de especies ameazadas. Así mesmo, pide que sexa avaliada a mortalidade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos viarios de acceso, e os efectos acumulativos cos parques eólicos xa existentes nun radio de 2 quilómetros.

Comentarios