Os ecoloxistas retiran media tonelada de lixo do río Bolaños

A asociación ecoloxista Adega retirou máis de 500 quilogramos de lixo do río Bolaños, cuxo leito discorre entre o centro urbano de Arteixo (A Coruña) e o polígono de Sabón.

Plásticos, vidros, material de obra ou mobiliario do paseo fluvial son algúns dos obxectos recuperados. Durante o seu labor, os ecoloxistas detectaron tamén unha gran cantidade de troitas mortas por mor dunha vertedura.

Por iso, Adega reclamou á Xunta e aos concellos da zona que aceleren a posta en funcionamento da estación depuradora de Bens, así como unha maior vixilancia contra o depósito ilegal de desperdicios na zona.

Comentarios