Os exdirectivos indemnizados, dispostos a colaborar con Anticorrupción

El exdirector xeneral de Novacaixagalicia, José Luis Pego, no seu nome e no doutros dous ex altos cargos que recibiron indemnizacións millonarias, Gregorio Gorriarán e Óscar Rodríguez Estrada, manifestou a súa disposición a colaborar na investigación da Fiscalía Anticorrupción.

Tras unha denuncia do sindicato CIG, a Fiscalía Xeral do Estado comunicoulle que atribuíu a competencia para exercer as funcións do Ministerio fiscal a Anticorrupción..

Despois de que se coñecese este asunto, Pego sinala nunha nota que achegará "toda a información" da que dispón para que se clarifique, canto antes, a legalidade de todo o proceso".

O que fose director xeneral de Caixanova confía en que a investigación lle permita defender a súa "honorabilidade" e "profesionalidade" na xestión da caixa viguesa e posteriormente da entidade resultante da fusión con Caixa Galicia.

Clodomiro Montero, portavoz do sindicato nacionalista e autor da denuncia trasladada á Fiscalía Xeral do Estado, anunciara previamente que a CIG "colaborará en todo o que poida" para que se chegue ata o fondo" neste "escándalo social".

Así mesmo, revelara que o Banco de España non deu resposta algunha solicitude trasladada para a apertura dun expediente sancionador para os ex altos directivos que percibiron indemnizacións millonarias.

Comentarios