Os dous polígonos industriais de Lugo quedarán sen auga este domingo

Os dous polígonos industriais da cidade de Lugo, os do Ceao e As Gándaras, quedarán sen subministración de auga este domingo por mor das obras complementarias que está a realizar a empresa concesionaria da segunda fase do abastecemento de auga capital lucense, segundo informou o goberno local.

Nun comunicado, a Concellaría de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luís Álvarez, explicou que a empresa concesionaria desas obras, desenvolvidas pola sociedade pública Acuaes e o Concello de Lugo, instalará un caudalímetro e unha válvula de control nos depósitos municipais do Ceao, unha operación que obrigará a interromper o abastecemento en ambos os parques empresariais.

En todo caso, o goberno local confirmou que a subministración quedará restablecido para o inicio da semana laboral, dado que o corte de abastecemento terá unha duración aproximada de doce horas, entre as nove da mañá e as nove da noite do domingo.

Comentarios