O macroxuízo de Coté arrinca tras máis dunha década de espera

O falso médico tratou a máis de 200 pacientes nas súas clínicas de Viveiro, Ferrol e A Coruña
El falso médico ferrolano José Manuel López Pérez, alias Coté. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)
photo_camera O falso médico ferrolán José Manuel López Pérez, alias Coté. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)

Doce anos, miles de folios e moito sufrimento despois, o macroxuízo ao falso médico José Manuel López Coté bota este xoves a andar na Audiencia Provincial da Coruña, nunha sala que xa está reservada durante os catro próximos meses unicamente para a vista oral a este pretendido facultativo sen título que tratou nas súas clínicas de Ferrol, Viveiro e A Coruña a máis de nbsp;200& pacientes aos que engatusou con tratamentos milagreiros que, no mellor dos casos, eran puro placebo. Os peor parados contarán na sala como quedaron en cadeira de rodas —o caso dunha muller— polas súas malas artes. 

Non estarán todos os seus pacientes entre as testemuñas porque "pola dilación xudicial, os máis maiores quedáronse polo camiño", como lamentan a AGN desde a Asociación de afectados de intrusismo médico (Aims), unha plataforma creada ad hoc para levar a Coté ante a Xustiza.

Así, as testemuñas que desfilarán pola Audiencia rebáixanse a 142, entre os que se atopan varios veciños de Viveiro e A Mariña en xeral, un número case inédito incluso para as causas máis grandes e complexas.

VINTE AÑOS DE CÁRCEL. Sumando todos os delitos ás súas vítimas, como cualifica o fiscal aos pacientes, a petición de pena pasa os 300 anos entre reixas. O que ocorre é que, coas leis en na man, non poderá estar no cárcere máis de 20, que o ministerio público esixe que cumpra integramente. Actualmente Coté está preso por unha condena da súa etapa como falso médico en Vinaroz (Castelló).

Comentarios