Máis de 3.000 firmas reclaman ao Estado recorrer o fallo de Meirás

"Proxecta unha imaxe de Franco allea ao relato historiográfico para volver pagar polo que foi roubado", aseguran 
Carlos Babío, Manuel Pérez Lorenzo y representantes de entidades y colectivos de memoria histórica. EFE
photo_camera Carlos Babío, Manuel Pérez Lorenzo e representantes de entidades e colectivos de memoria histórica. EFE

Os historiadores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, acompañados de representantes de entidades e colectivos de memoria histórica, presentaron este sábado máis de 3.000 firmas para instar o Goberno central a recorrer o fallo sobre o Pazo de Meirás que obriga a compensar aos herdeiros de Franco e recoñece o seu dereito a unha indemnización. 

Ambos os historiadores, promotores do manifesto Volver pagar polo roubado. Unha sentenza inasumíbel para un Estado democrático, presentaron o escrito e os apoios este mesmo sábado na Delegación do Goberno de Galicia. 

Os asinantes reclaman ao Estado que interpoña recursos ante o Tribunal Supremo para defender o interese público e os valores democrático que debe representar á sociedade, ademais de como "débeda histórica ás vítimas do Franquismo". 

Do mesmo xeito, solicitan o apoio da Xunta, a Deputación coruñesa e os concellos implicados para instar o Goberno central a reconsiderar a súa postura e a usar todas as ferramentas na súa man para evitar esta distorsión "da realidade", como é que a familia do ditador era posuidor do Pazo "de boa fe". 

"Proxecta unha imaxe de Franco allea ao relato historiográfico para volver pagar polo que foi roubado, insultando, máis dunha vez, a memoria de tantas persoas que tiveron que padecer décadas de insultos e de complicidades do Estado cos herdeiros do ditador", engaden. 

Comentarios