Máis de mil persoas visitaron en xullo o Pazo de Meirás

Debido ás restricións visitadas pola pandemia as visitas realízanse en grupos de 20 persoas de martes a domingo 
El pazo de Meirás. EFE
photo_camera O pazo de Meirás. EFE

O Pazo de Meirás recibiu máis de mil visitas durante o primeiro mes tras a súa apertura logo da sentenza que obrigaba á familia do ditador a devolver o inmoble ao Estado, segundo informa o Consistorio.

En base ao convenio asinado xunto ao Estado e a Xunta de Galicia, o Concello de Sada organiza a xestión das visitas do inmoble. Neste primeiro mes de xestión municipal, realizáronse 53 servizos guiados a cargo do persoal técnico do concello o que posibilitou o acceso de 986 persoas ao Ben de Interese Cultural.

"Número que aumenta a máis de 1.000 persoas se temos en conta as visitas de carácter institucional e memorístico que correron a cargo da Asociación Cultural Suárez Picallo, da man dos expertos na construción sadense Carlos Babío e o historiador Manuel Pérez Lorenzo", explica.

Os primeiros en visitar o inmoble tras a saída do Franco foron represaliados sadenses da ditadura. O público en xeral procedeu na súa maioría de Galicia (55%) fronte ao 43% procedentes doutras comunidades autónomas, encabezadas por Madrid (33%) e un 1,7% procedente de países estranxeiros, maioritariamente Estados Unidos (64%). A reserva das visitas para agosto xa están completas, do mesmo xeito que parte do mes de setembro.

Polo momento, dadas as restricións de aforamento provocadas pola pandemia de covid-19, as mesmas realízanse en grupos de 20 persoas de martes a domingo.

Comentarios