Manuel e María del Carmen mantéñense como os nomes máis frecuentes en Galicia

Rodríguez é o apelido máis común na provincia de Pontevedra
Un nieto con su abuelo. EP
photo_camera Un home de idade avanzada cun neno da man. EP

Manuel e María del Carmen mantéñense como os nomes máis frecuentes en Galicia, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estadística (Ine). A 1 de xaneiro de 2019 había un total de 71.407 homes chamados Manuel na comunidade, mentres que a María del Carmen eran 61.004. 

José, José Manuel e Antonio sitúanse en segunda, terceira e cuarta posición no ranking dos nomes máis populares entre os homes. No caso das mulleres, María e Carmen completan o podio dos máis frecuentes.

En canto aos apelidos, García predomina na Coruña; López en Lugo e Rodríguez en Ourense e Pontevedra

No conxunto de España os nomes máis comúns son Antonio (666.584) e María del Carmen (652.184), segundo os últimos datos do Ine, que revela que son xa os únicos que superan a barreira dos 600.000. No caso dos nomes incluídos nos simples e compostos, hai 6,17 millóns de mulleres que se chaman María e 2,71 millóns de homes que se chaman José. Con todo, precisa o instituto estatístico, ambos os apelativos manteñen a súa tendencia á baixa. 

No caso dos recentemente nados, cuxos últimos datos corresponden a 2018, Hugo e Lucía son os máis populares entre os máis pequenos en España. 

Os nomes máis comúns van caendo: Jose e María, habituais nos anos 20 e 30, ceden ante Hugo e Lucía, á cabeza na pasada década 
 

Como curiosidade, o INE destaca que só Laura aumenta a súa incidencia no apartado de nomes 'clásicos'. Ademais, detalla cales son os "máis lonxevos", é dicir, os das persoas con maior idade media, que no caso das mulleres en 2019 foron Afrodisia (84,8 anos), Acracia (82,3), Parmenia (81,8), Fraternidad (81,7) e Domina (81,0). Entre os homes, destacan Acindino (79,1), Frumencio (78,1), Vitores (76,5) e Progreso (76,0). 

No lado oposto destaca, entre as mulleres, Vaiana, con 1 ano de media, seguida de Cattaleya (1,9), Cataleya (2,1), Khloe (2,1) Kataleya (2,1). En homes, o de menor idade media é Liam Gael, con 1,9 anos, seguido de Isco (2,0), Gurfateh (2,0) e Koa (2,2). 

Precisamente, unha característica dos nomes dos post-milenials é que hai poucos compostos e, sobre todo, que son apelativos curtos. No top 10 masculino e feminino só dous teñen máis de 6 carácteres: Alejandro e Claudia. Así, o Ine constata que van gañando peso, sobre todo desde comezos de século, os nomes moi curtos como Ana, Eva, Noa, Mar e Ane entre mulleres; e Pau, Jon, Pol, Leo e Jan en homes. 

Comentarios