A marea vermella pecha unha vintena de polígonos de bateas de mexillón

Na ría de Pontevedra están pechados os oito polígonos e na de Vigo, seis de trece. Tamén están afectados dous en Muros-Noia, un en Baiona e catro na ría de Arousa

Un novo episodio de propagación da bacteria lipofílica, coñecido como marea vermella, mantén pechadas máis dunha vintena de polígonos de bateas de mexillón, con maior incidencia nas rías de Pontevedra e Vigo.

Na de Pontevedra, segundo consta no último informe do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), están pechados todos os polígonos, oito, e na de Vigo, case a metade, seis de trece.

Tamén están afectados dous polígonos en Muros-Noia, un en Baiona e catro na ría de Arousa, onde están pendentes de coñecer os resultados de seis mostraxes recollidas nas últimas horas.

Comentarios