Marino Giménez, outra vez en liberdade tras pagar 50.000 euros de fianza

O irmán de Sinaí, que leva varios meses entrando e saíndo de prisión, non poderá achegarse a varios mercadiños
Marino Giménez, tras ser detenido en abril de 2016
photo_camera Marino Giménez, tras ser detenido en abril de 2016

Marino Giménez, un dos irmáns de Sinaí Giménez, o autodenominado príncipe dos xitanos, volveu quedar en liberdade tras pagar unha fianza de 50.000 euros. Detido en abril de 2016 xunto a outros membros do clan dos Morones por supostas extorsións a vendedores ambulantes, Marino Giménez quedara en liberdade en novembro grazas a un informe que desaconsellaba a súa estancia en prisión debido á obesidade mórbida que padece: entrou con máis de 310 quilos aínda que despois baixou a 278.

Con todo, despois de que o xulgado de Cangas que leva o caso decretase a súa posta en liberdade entón baixo medidas cautelares, a Audiencia de Pontevedra revogou parcialmente esa resolución do xuíz e esixiu para que quedase libre o pago dunha fianza de 100.000 euros. Como non a abonou, en marzo deste ano volveu ser detido na súa vivenda da parroquia de Amorín, en Tomiño, para regresar ao cárcere.

Despois de que a Audiencia lle rebaixase a fianza a 50.000 euros, Marino Giménez quedou de novo en liberdade aínda que lle foi retirado o seu pasaporte e está obrigado a comparecer semanalmente no cuartel da Garda Civil. Ademais, non pode achegarse a uns 10 mercadillos da provincia de Pontevedra. Os seus irmáns seguen en prisión.

Comentarios