Medio Rural procura caladoiros alternativos noutros países africanos

A conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, asegurou hoxe que o pacto pesqueiro da Unión Europea con Mauritania é un "mal acordo" para o sector e reclamou que se estuden alternativas como os caladoiros de Guinea Bissau, Senegal, Conakry e Marrocos.

O pleno do Parlamento Europeo (PE) aprobou onte a renovación do protocolo de pesca con Mauritania que beneficia a algúns sectores en España, como os marisqueiros andaluces, pero que rexeitan frontalmente rexións como Galicia ao excluír aos cefalopoderos (polbo).

Quintana insistiu en que se trata dun "mal acordo" para todo o sector pesqueiro e pediu á comisaria de Pesca da UE, María Damanaki, que teña en conta as peticións da flota cefalopodera na próxima renovación do acordo pesqueiro con Mauritania.

Mentres, instou á comisaria a que "revise" a posibilidade de acceder aos caladoiros de Guinea Bissau, Senegal e Conakry, e desenvolva "o máis rápido posible" o acordo pesqueiro con Marrocos, dixo con motivo da presentación da Fundación de Rendemento Mínimo Social sostible da Pesca en Galicia, celebrada na lonxa da Coruña.

O convenio con Mauritania, subscrito en 2012, estableceu condicións restritivas para a flota española, talles como a exclusión dos cefalopoderos.

O Protocolo de Pesca con Mauritania é o máis importante da UE en termos de volume e de contribución financeira, dado que polo acceso da flota comunitaria ás súas augas páganse 70 millóns de euros ao ano.

A Comisión Europea (CE) rubricou en xullo de 2012 un protocolo de dous anos que estaba en vigor provisionalmente, á espera da ratificación do Parlamento Europeo que se produciu onte.

Quintana defendeu a actuación da Xunta na negociación que permitiu introducir algunhas melloras para o sector galego

Comentarios