Miguel Corgos, novo conselleiro de Facenda

O substituto do malogrado Valeriano Martínez ocupaba o cargo de director xeral de Orzamentos desde 2009
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, presidirá a toma de posesión de Miguel Corgos López-Prado como novo director xeral de Planificación e Orzamentos.
foto xoán crespo
07/12/12
photo_camera Miguel Corgos. XUNTA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou o decreto polo que nomea como novo conselleiro de Facenda e Administración Pública a Miguel Corgos López-Prado.

O substituto do malogrado Valeriano Martínez ocupa desde 2009 o cargo de director xeral de Orzamentos, cargo renomeado desde decembro de 2012 como director xeral de Planificación e Orzamentos.

O novo conselleiro tomará posesión do seu cargo o vindeiro luns 18 de outubro tras a publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Miguel Corgos López-Prado (A Coruña, 1971) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na especialidade Económicas. Economía financeira pola Universidade da Coruña (UDC). Ademais ten un máster en Administración Financeira e Tributaria (UDC) e posgrao en Auditoría de Contas (UDC-REA).

Do mesmo xeito, realizou o curso da escala superior de finanzas na especialidade de intervención (Xunta de Galicia), o de escala superior de finanzas na especialidade de inspección e xestión tributaria (Xunta de Galicia) e ten o diploma de directivo da Xunta de Galicia (Escola Galega de Administración Pública).

Comentarios