Juan Carlos Monedero, que o martes visitou Galicia para dar unha conferencia en Santiago, asegurou que "a universidade gaña unha enorme profesora" con Carolina Bescansa, que perdeu na súa pugna con Antón Gómez-Reino para liderar Podemos en Galicia e que anunciou que nuns meses deixará o Congreso dos Deputados.
Monedero, cofundador de Podemos, considera que quen desenvolve unha actividade pública debe ter sempre presente que a política é algo eventual e que o verdadeiramente importante é a profesión de cada un, onde un se gaña o soldo". "Debemos ter claro que estamos de paso na política", engadiu.