Morre un home de 33 anos tras caerlle unha árbore encima en Chantada

Outro traballador foi evacuado en helicóptero en estado grave
Imagen de archivo del helicóptero del 112
photo_camera Imaxe de arquivo do helicóptero do 112

Un operario de 33 anos e iniciais A.V. perdeu a vida este luns pola mañá tras caerlle encima unha árbore cando traballaba nun monte do lugar de Sabadelle, no municipio lucense de Chantada, segundo informou o 112.

Ademais, outro traballador, G.P., de 42 anos, resultou ferido por mor dese accidente laboral e tivo que ser evacuado en helicóptero, acompañado por persoal do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O accidente produciuse sobre as 11.00 horas, cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recibía comunicación por parte do 061 da saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense para asistir a un traballador que había resultado ferido tras caerlle encima unha árbore. O 112 informou de inmediato á Garda Civil, á Policía Local e Protección Civil. A vítima é de nacionalidade romanesa.

Tamén foron informados os Bombeiros de Chantada, para colaborar na evacuación dos feridos, dado que a zona presentaba dificultades de acceso para o persoal médico, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención.