Morre un home duns 50 anos nun incendio na súa vivenda en Monforte

O cliente dun establecemento hostaleiro próximo á casa deu a voz de alarma ao ver que saía fume
Servicios de emergencia junto a la casa. EP
photo_camera Servicios de emergencia junto a la casa. EP

Un home faleceu este sábado en Monforte despois de que se declarase un incendio no seu domicilio, situado na monfortina Rúa Malvarón. 

O falecido no incendio, duns 50 anos de idade e con iniciais C.M,  residía no número 69 da Rúa Malvarón, nunha vivenda unifamiliar.

Foi o cliente dun establecemento hostaleiro próximo á casa o que viu saír fume desta, dando a voz de alarma.

Varios veciños achegáronse e ao non obter respostas do inquilino botaron a porta abaixo.

O dono do mesón Ribeira Sacra usou tres extintores para intentar sufocar as chamas mentres non chegaban os bombeiros, decatándose de que C.M. estaba sen vida, co corpo queimado.

Segundo os membros de urxencias, salvamento sacou do interior da persoa á vítima para que fose atendida polo equpo médico, pero os servizos sanitarios non puideron facer nada para salvarlle a vida. 

Tamén se realizaron comprobacións de que non había máis persoas no interior e púidose certigicart que varios mobles arderon no interior da vivenda. 

Comentarios