Morre o traballador que se cortou un brazo nunha madeireira de Coristanco

O operario cortou un brazo e non puido recuperarse das graves feridas

O operario que sufriu un accidente laboral o pasado mércores nunha fábrica madeireira do municipio coruñés de Coristanco faleceu horas despois no Hospital da Coruña a consecuencia da gravidade das feridas que presentaba. 

O accidente produciuse ao redor das 17,45 horas nunha fábrica situada na Braña, ata onde se desprazou un helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 que evacuou ata o CHUAC ao traballador, que se atopaba en estado grave. Cortouse un brazo de raíz.

Alí, segundo confirmaron este xoves fontes sanitarias, o home faleceu no complexo hospitalario a consecuencia das feridas derivadas do sinistro.