Morren nai e filla nun incendio nun edificio en Ferreira do Valadouro

O pai, de 79 anos, foi atendido na PAC de Burela
Efectivos de la Guardia Civil y vecinos en el portal del inmueble afectado por el incendio y gente abandonando el edificio con bolsas. JM PALEO
photo_camera Efectivos de la Guardia Civil y vecinos en el portal del inmueble afectado por el incendio y gente abandonando el edificio con bolsas. JM PALEO

Unha muller de 50 anos faleceu nun incendio orixinado no interior dun piso situado nun edificio de catro plantas da avenida da Deputación de Ferreira do Valadouro. A nai da vítima, de 77 anos, foi trasladada inicialmente ao Hospital da Mariña en estado grave, aínda que pouco despois se certificou a súa defunción.

O aviso do lume saltou ás tres menos cuarto da tarde deste luns. O incendio declarouse nunha habitación do primeiro piso do edificio.

Cando os bombeiros de Barreiros chegaron ao lugar centraron os seus esforzos en localizar a dúas persoas que faltaban. Atopábanse en diferentes estancias. Localizaron primeiro a unha muller maior, que baixaron ao portal, onde a atenderon os servizos sanitarios do 061 e despois a outra de mediana idade, que faleceu. A maior foi trasladada en ambulancia ao Hospital dá Mariña, onde morreu.

O pai da familia, de 79 anos, foi atendido no PAC de Burela. 

O edificio ao completo viuse afectado, dado que o fume ascendeu cara á parte superior polo oco das escaleiras e tamén polo patio interior.

O impacto causado polas chamas fixo que rebentase unha fiestra que conectaba co patio de luces do edificio, o que provocou a rotura de cristais nas demais vivendas, incluso, os pisos superiores tamén resultaron afectados o fume e polas altas temperaturas alcanzadas. 

Os bombeiros tiveron que empregar o vehículo escala para desaloxar pola fachada a dúas persoas que estaban nun balcón dunha vivenda da cuarta planta. O resto puideron baixar polas escaleiras antes de que a fumareda invadise o espazo.

O Concello achegou un camión con cesta para rescatar polos balcóns a dúas persoas que se atopaban no terceiro piso e a outras dúas do segundo, dado que a escaleira estaba inutilizable polo fume.

O 112 mobilizou ademais ata a zona aos bombeiros de Barreiros, Viveiro e ao GES de Cervo, así como á Garda Civil e a Protección Civil para tratar de prestar atención ás persoas que o necesitasen.

Descoñécense as causas que provocaron o lume, pero existen sospeitas de que a orixe puido estar estufa de gas butano. A Garda Civil ten en marcha unha investigación sobre o sucedido.