Dúas mortes no Chuvi elevan a 2.397 as vítimas do covid en Galicia

Faleceron un home de 75 anos e unha muller de 90
Hospital Álvaro Cunqueiro. ADP
photo_camera Hospital Álvaro Cunqueiro. ADP

Dúas mortes notificadas este mércores polo servizo galego de saúde elevaron a 2.397 os falecementos por covid-19 en Galicia desde o inicio da pandemia, no primeiro trimestre do ano pasado.

Os decesos son o dun home de 75 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) o pasado 30 de abril e unha muller de 90, o 11 de maio, no mesmo centro médico.

Tiñan patoloxías previas, indica a Xunta. 

Comentarios