Unha moza de 14 anos faleceu electrocutada esta madrugada en Santiago de Compostela ao tocar un farol da iluminación pública, confirmaron fontes municipais.
O suceso produciuse ao redor das dúas da madrugada nas festas de Guadalupe, no barrio compostelán de Vite, durante a actuación da orquestra, que foi finalmente suspendida.
As fontes do Concello compostelán informaron de que, ademais dos medios sanitarios e policiais, ao lugar desprazáronse o alcalde, Agustín Hernández, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Alejandro Sánchez.
Concluíron que esta mañá proceden a solicitar toda a información de que dispoñen, tamén en contacto coa empresa concesionaria, para facilitala á policía xudicial.