viernes. 30.07.2021 |
El tiempo
viernes. 30.07.2021
El tiempo

Morre unha persoa electrocutada ao cruzar as vías do tren en Vigo

Varias personas trasladan el cuerpo en las inmediaciones de la estación de Urzáiz, en Vigo
Varias personas trasladan el cuerpo en las inmediaciones de la estación de Urzáiz, en Vigo
O aviso deuno un pasaxeiro que dun tren que entraba na estación de Urzáiz ao ver un corpo en chamas

Unha persoa faleceu esta tarde electrocutada cando intentaba cruzar as vías do tren nas inmediacións da estación de Urzáiz, en Vigo, informaron a Efe fontes do dispositivo de urxencias.

Un pasaxeiro dun tren que entraba na estación avisou sobre as catro e media ao 112 Galicia ao ver que había unha persoa en chamas.

A persoa falecida non é persoal de Adif, confirmaron a Efe fontes do administrador de infraestruturas ferroviarias, que precisaron que o incidente provocou a suspensión dun tren de media distancia e atrasou a saída en orixe doutro durante dez minutos.

O centro de atención das urxencias de Galicia mobilizou a Urxencias Médicas, Bombeiros de Vigo, Policía Nacional e Local e Protección Civil.

Morre unha persoa electrocutada ao cruzar as vías do tren en Vigo
comentarios
ç