A nai da "Galicia profunda" entregou o bebé "sen pór ningún impedimento"

A súa avogada sostén que a xuíza pode dar neste momento a custodia a unha ou outra parte, pero absténdose de usar para iso "valoracións tan despectivas como innecesarias"
Una maza de un juez. ADP
photo_camera Una maza de un juez. ADP

A nai de Tourea (Muros, A Coruña) á que unha xuíza de Marbella ordenou entregar ao seu fillo de 13 meses ao pai, ao que logo dunha vista outorgou a garda e custodia, cumpriu co auto en tempo e forma "sen pór ningún impedimento". 

É o que alega a súa avogada, Claudia Traba, que nunha nota enviada á prensa pediu non falar de subtracción, por non ser o caso, e indicou que cando a muller, de 30 anos, deseñadora de interiores en paro, quixo organizar o traslado a Galicia "por necesidade" ofreceu ao proxenitor do neno, médico en exercicio, quedar co pequeno. 

Traba sostén que a xuíza pode dar neste momento a custodia a unha ou outra parte, pero absténdose de usar para iso "valoracións tan despectivas como innecesarias". 

Alude esta avogada aos adxectivos dedicados á nai e a outro máis xenérico sobre o rural galego. 

Traba conclúe que "a mesma decisión, expresada sen descualificativos nin prexuízos de ningún tipo, non espertaría polémica algunha". 

En pleno século XXI, ve "desolador" que no seo da administración de xustiza "se trate a unha nai con tal desconsideración". 

A xuíza outorgou a garda e custodia do menor de 13 meses ao seu pai tras reprochar á nai unha actitude "deplorable" ao levar ao menor a Galicia "sen obter previa autorización xudicial". 

Así consta no auto emitido, o cal provocou polémica porque, entre os argumentos que esgrime a maxistrada, cita que a nai moveu ao pequeno a unha aldea "da Galicia profunda" no canto de vivir nunha cidade "cosmopolita" como Marbella. 

Á marxe desa desafortunada consideración, a maxistrada destaca nese escrito que a muller levou ao menor sen acordalo co pai, de forma "unilateral" e cunha actitude "caprichosa, egoísta, inmatura, agresiva e irrespetuosa". 

A muller trasladouse "a unha pequenísima poboación de Galicia, chamada Tourea, de tan só 319 habitantes" de forma unilateral e non consentida polo pai", pola vía de feito e sen autorización previa xudicial, expón a xuíza.

Comentarios