Comeza a conta atrás para o aceso da iluminación do Nadal en Vigo, cidade que, por segundo ano consecutivo, anticípase para dar a benvida ao Nadal. Será este sábado e ao grande, xa que, ademais das 250.000 luces leds, este ano o Concello instalou unha "xigantesca" nora duns 60 metros de altura.
Se cadra así sexa posible que as luces da cidade olívica poidan verse desde Nova York como chegou a afirmar o propio Abel Caballero durante uns últimos meses de intensa promoción turística, que incluso chegou a provocar malestar entre os membros da oposición
Será precisamente o rexedor de Vigo o encargado de dar o pistoletazo de saída ao Nadal este sábado co aceso da iluminación do Nadal, que se manterá ata o 11 de xaneiro. Os vigueses xa puideron gozar este xoves dun anticipo durante as probas de iluminación da nora, situada na ría Concepción Arenal, entre a Praza de Compostela e Areal.
Yo ya estoy a la cola.#noria #lucesdenavidad #Vigo #abeleresmuygrande pic.twitter.com/T0LgF1viv7
— Fernando Caamaño (@ferni_caamano) November 21, 2019
O resto de cidades esperarán algo máis e inaugurarán a decoración do Nadal entre o 29 de novembro e o 5 de decembro.
PONTEVEDRA
A Boa Vila dará o pistoletazo de saída ao Nadal o
Os motivos e adornos do Nadal custaron 107.085 euros, un 8,3% menos que en 2018. Un gran tobogán e unha tirolina ao aire libre na Praza de España volverán ser un dos grandes atractivos.
Como novidade, este ano o Concello levará as atraccións infantís de Nadal ao Burgo e Monte Porreiro. Será a través dunha programación festiva itinerante, que por primeira vez chegará aos barrios da cidade.
Ademais, o mercadiño de Nadal organizado polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental regresará á Praza do Teucro. Ademais, as Galerías Oliva contarán con actividades infantís deseñadas para a única zona comercial cuberta de Pontevedra.
LUGO
A cidade da Muralla tamén acenderá a iluminación o 5 de decembro e manterao en funcionamento ata a noite do 6 ao 7 de xaneiro. A iluminación será similar á do ano pasado, cando resultou moi polémica despois de que un atraso na contratación obrigase a pospor o aceso ata o día 14.
As luces iluminarán un total de 48 rúas e prazas e o seu custo será de 120.087 euros.
OURENSE
O executivo municipal encabezado por Gonzalo Jácome decidiu apostar polas luces e este ano investiu en decoración do Nadal un 80% máis: 173.756 euros. O obxectivo é que a iluminación –composta por un millón de luces led– chegue a todos os barrios da cidade.
O aceso está previsto que se realice durante a ponte da Constitución.
A CORUÑA
Pola súa banda, a cidade herculina adiantará o aceso ao próximo venres 29 de novembro. A empresa encargada da instalación da iluminación é a mesma de Vigo ou Nova York, aínda que o seu orzamento é notablemente inferior xa que, tal e como apuntou a alcaldesa Inés Rey, no Concello teñen "outras prioridades".
Este ano, como novidade, haberá un espectáculo audiovisual proxectado sobre a fachada do consistorio, en María Pita.
SANTIAGO
A capital galega será das últimas cidades en acender as luces de Nadal. A iluminación activarase o
O goberno de Sánchez Bugallo quixo darlle un impulso ás festas de inverno e decidiu incrementar notablemente o orzamento dedicado a este fin ata superar os 215.000 euros. O obxectivo, entre outros, é recuperar o tradicional belén do Obradoiro, retirado durante o mandato de Compostela Aberta.