jueves. 16.07.2020 |
El tiempo
jueves. 16.07.2020
El tiempo

Ningún falecido con Covid-19 nos hospitais galegos por terceiro día consecutivo

O primeiro falecemento na comunidade rexistrouse no Hospital Povisa de Vigo. DP
O primeiro falecemento na comunidade rexistrouse no Hospital Povisa de Vigo. DP

O Sergas constata que desde o inicio da pandemia morreron 486 persoas en centros sanitarios e 132 dentro de residencias de maiores

Os hospitais galegos non comunicaron este sábado, por terceiro día consecutivo esta semana, ningún falecemento vinculado coa pandemia do coronavirus. As dúas últimas mortes foron notificadas o martes e o mércores.

En total, en Galicia o número de falecidos ligados co Covid-19 ascende a 618.

Desta forma, o Sergas constata que desde o inicio da pandemia morréronse 486 persoas en atención hospitalaria e 132 dentro de residencias de maiores.

Ademais deste sábado 6 de xuño, os días sen mortes atribuídas á pandemia en hospitais foron os pasados 29 de abril, 14, 18, 19, 25, 27, 28, 29, 31 de maio, 1, 4 e 5 de xuño.

PRIMEIRA VÍCTIMA. A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse o 14 de marzo, unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de Covid-19.

Neses días, os primeiros da alerta sanitaria en Galicia, nos que a comunidade contaba con menos de 300 casos activos, houbo dúas xornadas nas que non se rexistrou ningunha morte hospitalaria, o 15 de marzo e o 17 de marzo.

A partir do 18, cando as vítimas mortais en Galicia ascendían xa a catro persoas, os hospitais da comunidade comunicaron falecementos todos os días, excepto en 13 xornadas, incluído este sábado.

Ningún falecido con Covid-19 nos hospitais galegos por terceiro día...
comentarios